jueves, 24 de mayo de 2018

¡MIA E BREIXO XA TEÑEN 5 ANOS!

Mia e Breixo cumpliron 5 anos e quixeros festexalo na escola con todos, polo que fixemos unha pequena festa e como non, a coroación dos 5 anos. ¡Xa teñen unha man enteira de idade!¡Qué maiores!
¡Parabéns rapaces!




OBRADOIRO GALEGARTE (LETRAS GALEGAS 2018)

O pasado Mércores 16 de Maio, e como colofón á Semana Cultura, o alumnado de 5º e 6º de E.I. celebramos no centro e por adiantado o día das Letras Galegas, adicado este ano a Mª Victoria Moreno.
Tras ler algún dos seus contos na aula e ver traballos realizados por nenos e nenas doutros centros decidimos realizar un obradoiro artístico.
No noso caso decantámonos por empezar a deixar impresa "a nosa pegada" bailando ao ritmo da música do grupo galego Migallas. Foi unha experiencia moi bonita e interesante. Agardamos que desfrutedes do vídeo tanto coma nós desfrutamos do obradoiro. 

Lembrade que podedes ver fotos e vídeos de todas as actividades levadas a cabo na Semana Cultural no blog de Leonarda:
http://normalizacionebiblioteca.blogspot.com.es/


domingo, 29 de abril de 2018

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

O alumnado de Educación Infantil asistiu na semana do libro a un obradoiro de ilustración no que John Davison ademais de contarlles un conto de Maisy en Inglés ensinoulles a debuxala.  

Dende o blog queremos agradecer tanto a John como á mestra Marta Prado por contar connosco para esta actividade que tanto lles gustou. ¡¡Grazas!!

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de Abril con motivo da celebración do Día do Libro levouse a cabo no centro o "Apadriñamento lector" no que un alumno ou alumna dos cursos superiores len un conto, elixidos por eles mesmos, aos seus apadriñados.

Foi un día marabilloso, cheo de ledicia e emoción no que grandes e pequenos gozaron da lectura en boa compañía.


¡OUTRO ALMORZO SAUDABLE!

Dende o noso centro fomentamos a Educación para a Saúde con diversas rutinas e actividades levadas a cabo ao longo de todo o curso, e como ben sabedes unha das favoritas dos nenos e nenas é a do Almorzo Saudable na que todo o alumnado de Educación Infantil realiza a degustación dun almorzo completo na escola e dende o blog agardamos que gocedes das fotos tanto coma eles fixeron con esta experiencia. 









martes, 10 de abril de 2018

OBRADOIRO DE PINTURA CON CREMA DE CACAO

Tras unha ausencia prolongada debida a problemas técnicos unidos ás vacacións de Semana Santa e ao final do trimestre estamos de volta co video recopilatorio das fotos que fixemos durante o Obradoiro de pintura con crema de cacao. 
Foi unha experiencia moi divertida e saborosa... ¡Agardamos que vos guste tanto coma a eles!


lunes, 5 de marzo de 2018

TRABALLO COOPERATIVO

Como ben sabedes no noso centro estamos introducindo en todas as aulas o traballo cooperativo xa que consideramos que é necesario que os nenos e nenas saiban desenvolverse no traballo en equipo, respectando e aprendendo das aportacións dos compañeiros e perdendo o medo a realizar as súas propias achegas ao grupo.  

Hoxe queremos deixarvos unhas imaxes nas que estamos traballando na aula a técnica do Folio Xiratorio, aproveitando os nosos coñecementos sobre os inventos de Leonardo Da Vinci para poder descubrir canto aprendimos e sabemos entre todos.


lunes, 26 de febrero de 2018

SETE RATIÑOS CEGOS

O pasado Venres os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria quixeron deleitar novamente a todo o alumnado de Educación Infantil e a 1º de E.P. coa representación do conto "Sete ratiños cegos" en teatro de sombras. Están feitos uns artistas e por iso queremos compartir convosco o seu traballo. 


viernes, 23 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar o día de Rosalía de Castro, os nenos e nenas de Educación Infantil quixemos agasallar a todo o alumnado de Primaria recitando o poema "Cando era tempo de inverno" e non podemos deixar de compartilo convosco.
Ademais deixámoslles deberes: colorear unha imaxe de Rosalía que lles entregamos e coa que os vindeiros días decoraremos o noso cole.


miércoles, 21 de febrero de 2018

VISITA DOS ALUMNOS DE 2º DE E.P.

Hoxe tivemos unha visita moi especial, a dos nenos e nenas de 2º de E.P. que coma nós están investigando sobre a figura de Leonardo Da Vinci e o seu país de orixe: Italia.
Fixeron un mural interesantísimo que quixeron compartir connosco e nos ensinaron moitas cousas, algunhas delas non as sabiamos e puidemos intercambiar con eles outras que eles descoñecían.
¡Unha visita do máis produtiva! Agardamos que regresen pronto.
¡Grazas por vir!


jueves, 15 de febrero de 2018

ENTROIDO 2018

Grazas a todas as familias que coa vosa inestimable axuda fixéchedes que o Festival de Entroido fora un éxito total unha vez máis.

Agardamos que vos guste o vídeo resumo!


miércoles, 7 de febrero de 2018

SAIDA AFUNDACION E EXPOSICION LEONARDO DA VINCI

Leonardo da Vinci non deixa de sorprendernos. Encántanos aprender cousas sobre a súa vida e os seus inventos e que mellor forma de seguir aprendendo que visitar a Exposición que nestes momentos podemos ver na nave "El Tinglado". Foi unha experiencia xenial. Agardamos que vos guste tanto coma a nós.


jueves, 1 de febrero de 2018

DÍA DA PAZ

Aquí tedes o vídeo resumo da celebración na escola do día da Paz. Agardamos que vos guste!


martes, 23 de enero de 2018

CANTIGA AFRICANA DA PAZ 2018

O vindeiro Martes 30 de Xaneiro celebraremos no centro o día da Paz polo que compartimos convosco a canción que imos a cantar e bailar para que poidades ir ensaiando na casa:


Os nosos pensamentos están contigo.
As nosas palabras están contigo.
O noso corazón está contigo.
Conta comigo, son o/a teu/túa amigo/a.

Funga alafia 
Ashe ashe
Funga alafia 
Ashe ashe
Funga alafia 
Ashe ashe



ALMORZO SAUDABLE

O pasado Xoves 19 de Xaneiro celebramos na nosa escola un almorzo saudable composto por leite con cacao, pan con marmelada de amorodos e zume de laranxa recén espremido e gustounos tanto que estamos desexando repetir.






martes, 16 de enero de 2018

CASAS DO MUNDO

O pasado xoves Sole, a nai de Jimena, contounos un conto moi interesante sobre as casas que hai polo mundo e desfrutamos coñecendo as diferentes construcións que existen no noso planeta.
¡¡Moitas grazas por vir!! 



martes, 9 de enero de 2018

ESTAMOS DE VOLTA

Xa estamos de volta e como o noso é celebrar as cousas boas e bonitas, onte tocounos festexar o quinto aniversario de Jimena.¡Parabéns!


FELIZ ANINOVO

¡Os nenos e nenas de 5º de Educación do CEIP Josefa Alonso e a profe Nati desexámosvos a todos un Feliz Aninovo!