jueves, 21 de diciembre de 2017

POR FIN TODOS TEMOS 4 ANOS!!

En Decembro andamos de festa en festa e celebramos os aniversarios de Zoe e Lluvia. Así que xa podemos anunciar que por fin todos chegamos ao número 4!!
¡¡Parabéns rapaciñas!! 


viernes, 1 de diciembre de 2017

VEN COMIGO

Xa temos seleccionada a canción que cantaremos e bailaremos este ano no festival de Nadal: "Ven comigo" de María FumaÇa.
E por se queredes ensaiar na casa... aquí a tedes!!





jueves, 23 de noviembre de 2017

VISITA NA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE

Onte na sesión diaria de Psicomotricidade tivemos uns convidados moi especiais: ¡os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil! 
Eles estaban encantados e nós tamén. Foi xenial poder ensinarlles moitas das cousas que facemos. Aquí nos tedes facendo algunha das assanas.
O certo é que estamos desexando que pase o Nadal e veñan con nós a diario. ¡Xa queda menos!


lunes, 20 de noviembre de 2017

SEGUIMOS DE FESTA

Como somos uns festeiros e onte foi o aniversario de Alén, hoxe tocou celebralo. 
Soprou a vela máxica dos catro anos e convidounos ao biscoito que cociñou coa súa nai. ¡Estaba boísimo! 
E nós para darlle as grazas lle fixemos uns debuxos como agasallo. ¡Esperamos que lle gusten!



domingo, 19 de noviembre de 2017

ANDRÉ XA TEN 4 ANOS

A pesares de que os virus non deixaron que André pasara o día do seu aniversario connosco, ao día seguinte volveu ao cole, ¿e que fixemos? ¡Pois celebralo! E aquí tedes unha instantánea do momento no que soprou a vela.
¡¡Parabéns André!!


miércoles, 15 de noviembre de 2017

MAGOSTO

¡Xa tedes no blog de Leonarda os videos do Magosto!

Para poder ver o moito que gozamos desta xornada de convivencia, froito do traballo en equipo, entrade no seguinte enlace:




¡E coidado cos rapaces de Marín! ¡Andan a roubar rodaballos! 




martes, 31 de octubre de 2017

A MALETA

ESTIMADAS FAMILIAS,


COMEZAMOS A VIAXE DA NOSA MALETA, UNHA MALETA QUE NOS AXUDARÁ A COÑECERNOS MELLOR.


CANDO VOS CHEGUE A MALETA A CASA DEBEDES DE AXUDAR AOS NENOS E NENAS A GARDAR NELA 2 OBXECTOS, DÚAS COUSAS QUE SEXAN ESPECIAIS PARA ELES POLO MOTIVO QUE SEXA. E PODE SER CALQUERA COUSA, O TAMAÑO NON IMPORTA. A MAÑÁ SEGUINTE, CANDO A MALETA CHEGUE AO COLE COMPARTIRÁN CON NÓS A RAZÓN POLA QUE ELIXIRON ESES OBXECTOS E OS MOTIVOS POLOS QUE SON TAN ESPECIAIS.


É MOI IMPORTANTE QUE O DÍA QUE CHEGUE BALEIRA ÁS VOSAS CASAS A ENCHADES E A ENVIEDES O DÍA SEGUINTE PARA QUE A ACTIVIDADE TEÑA CONTINUIDADE. OS OBXECTOS QUEDARÁN UN TEMPO NA AULA E SERÁN DEVOLTOS CANDO REMATEMOS A ACTIVIDADE.


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!  

lunes, 30 de octubre de 2017

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Na nosa clase somos uns aventureiros e como sabemos que O sabor da aventura está no mar o venres 20 de Outubro, da man das nosas guías Amaia e Rita e xunto cos compañeiros de 6º de Infantil e 1º de Primaria marchamos de excursión. Descubrimos a Lonxa de Canido, saboreamos unha merenda mariñeira e visitamos o Museo do Mar. ¡Unha experiencia xenial!




SAMAÍN

E como non podía ser doutra forma, aínda que con algo de antelación, celebramos a festa do Samaín no noso cole. 

Mirade que medo damos! 



E ademais, premendo no seguinte enlace poderedes ver o vídeo creado dende Normalización e Biblioteca coas fotos da celebración:

BLOGUE DE NORMALIZACIÓN E BIBLIOTECA DO CEIP JOSEFA ALONSO: Samaín 2017 1: Nesta fiestra podedes gozar dalgúns dos momentos mais aglaiantes da nosa festa de Samaín. Obradoios de cabazas, pócemas e biscoitos... 

OS BOLECHAS, QUE SUSTO!

Pola celebración do Samaín, Leonarda, a mascota da nosa biblio, recomendounos ver a curta de "Os bolechas, que susto!" e gustounos tanto que queremos compartila con todos vós.
E tede coidado que xa somos espertos asustadores coma Braulio!  


domingo, 22 de octubre de 2017

OBRADOIRO DE COCIÑA CON ARTURO

Esta semana, por mor dos incendios, moitas das actividades previstas foron aprazadas para dar paso a asembleas e traballos sobre un tema que por desgraza tocounos vivir de cheo. 
Podedes ver o traballo realizado polo alumnado do cole o luns, no blog de Normalización e Biblioteca do centro, no seguinte enlace:

http://normalizacionebiblioteca.blogspot.com.es/2017/10/vid-20171016-130849.html

O mércores intentamos volver á normalidade na medida do posible e Judit, a mamá de Breixo, animouse a realizar o Obradoiro de Educación Emocional que tiñamos planificado, no que a través dun conto falounos do Medo. 
Estabamos tan metidos no conto e en expresar as nosas emocións que non temos fotos. Sentímolo!

O xoves tocoulle a quenda a Arturo, o papá de Mia, que brindounos a oportunidade de exercer de cociñeiros e cociñeiras e nos ensinou a elaborar unhas galletas de chocolate. Pasámolo xenial dándolles forma pero temos que contarvos un segredo... chamuscáronse un pouco, xa que mentres estaban no forno contounos un conto taaan divertido que esquecímonos delas. 





ESTAMOS DE VOLTA!!

Benvidos a todos e a todas! Por fin, tras uns pequenos problemas técnicos, podemos dicir que estamos de volta. E que mellor forma de abrir o curso que cunha celebración: a do aniversario de Inés, que aínda que xa foi hai un mes merece que compartamos con vós esta foto, chea de felicidade. 
Parabéns Inés!!!



jueves, 22 de junio de 2017

A MOVER O ESQUELETO!

Hoxe queremos que gocedes connosco tanto como o fixemos nós traballando durante este curso co Monstro de Cores, co que puidemos aprender a identificar as nosas emocións e comezar a xestionalas, e para iso que mellor forma de facelo bailando. 
Mirade que ben o facemos! 


domingo, 18 de junio de 2017

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO AO MARUXENTO

Como ben sabedes o pasado mércores marchamos de excursión con todos os nenos e nenas da escola ao parque forestal "O Maruxento" e alí vivimos unha fermosa xornada, descubrindo o noso entorno natural máis próximo a través de contos e xogos.
Sinto que a calidade das fotos non sexa moi boa pero o importante é que o pasamos de marabilla. Todos quedamos con ganas de repetir! 






viernes, 2 de junio de 2017

CONVIVENCIA COS NENOS E NENAS DO C.E.I.P. CANICOUVA

As dúas xornadas de convivencia que vivimos cos nenos e nenas de 6º de E.I. do C.E.I.P. Canicouva foron un éxito. O almorzo saudable que lles fixemos no noso cole gustoulles moitísimo e nós gozamos un montón cos xogos e co obradoiro de elaboración de chaveiros que fixemos con eles no parque de Castrelos e por iso esperamos repetir para o ano.
Seguro que este é o inicio dunha longa amizade! 




miércoles, 24 de mayo de 2017

XA NON QUEDA NADA!

Pois iso, que xa non queda nada para que os amigos e amigas de 6º de Educación Infantil do C.E.I.P. Canicouva veñan ao noso cole para degustar o almorzo saudable que lles estamos a preparar.
As invitacións xa están enviadas, os menús confeccionados, os manteis listos e mañá faremos os biscoitos.
Seguro que lles encanta!



martes, 23 de mayo de 2017

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Hoxe gozamos do obradoiro "Ponlle as pilas ao teu bocata" enmarcado dentro do Plan Proxecta na modalidade de Aliméntate ben! na que participa todo o centro dende hai xa varios cursos.
Con este obradoiro coñecemos as bondades que ten o consumo de  conservas para a nosa saúde e degustamos un bocata para cargar as pilas.

Se queredes, no seguinte enlace, tendes máis información e moitas receitas:

http://www.ponlleaspilasaoteubocata.xunta.es/

E xa sabedes... Poñédelle as pilas aos vosos bocatas!  


 

martes, 16 de mayo de 2017

O MAIO

O pasado venres 12 de maio celebramos na escola a Festa dos maios. Os nenos e nenas de Educación Infantil fomos os encargados de quitar os talos dos pampillos e de facer colares con eles.
Mirade que bonito quedou! 

martes, 2 de mayo de 2017

VISITA AO MUSEO LISTE

O pasado xoves os tres cursos de educación infantil do C.E.I.P. Josefa Alonso visitamos o Museo Liste Vigo, museo etnográfico, onde aprendemos moitas cousas sobre o modo de vida dos nosos antergos. 
Foi un percorrido moi ameno e interesante pola nosa historia e se non o coñecedes recomendámosvos que o visitedes.




martes, 25 de abril de 2017

CELEBRAMOS O DIA DO LIBRO

Este Luns 24 de Abril celebramos no cole o día internacional do libro. Os nosos padriños e madriñas viñeron a buscarnos á aula e xuntos eliximos un recuncho especial do cole para desfrutar dunha lectura compartida... e aquí tedes un anaco do que pasou.


 

viernes, 21 de abril de 2017

OS MELLORES AGRICULTORES E AGRICULTORAS DO MUNDO!

Esta semana estivemos de novo na horta para facer a colleita das escarolas e plantar tomates en compañía dos nenos e nenas de 5º de E.I. e aprendemos moitísimas cousas como que as escarolas hai que comelas crúas, en ensalada, e podemos botarlles aceite, sal e vinagre e que para plantar os tomates hai que facer uns camiños na terra que se chaman regos e introducir as raíces neles e tapalas con coidado deixando fóra as follas. Agora tócanos seguir traballando, regándoos cada dous días e esperar a que medren para poder degustalos.
Parece que isto de ser agricultores e agricultoras dásenos de marabilla!



viernes, 7 de abril de 2017

A NOSA HORTA

Aínda que xa hai algún tempo que plantamos os amorodos coa axuda dos nenos e nenas de 2º de Primaria e da profe Ana, non podiamos deixar de compartir convosco as fotos que fixemos  
Ademais dende a semana pasada tivemos na nosa clase aos vermiños, eses seres extraordinarios que están a elaborar compós para a nosa horta. E queredes saber cales son as súas comidas favoritas? As cascas de ovo e os pelos!!! Incrible pero certo!
E como agasallo antes das vacacións de Semana Santa, dúas fotos cos nosos peixiños, porque o noso é coidar de todos os que nos rodean.

 

viernes, 31 de marzo de 2017

CMAL

Como cada ano celebramos no noso centro a semana do CMAL (Centro Médico de Atención Lectora) no que as mestras convertémonos en doutoras por un día para curar as doenzas dos nenos e nenas do cole e que mellor xeito que receitando un bo libro.
E hoxe tocounos pasar pola consulta! 


jueves, 30 de marzo de 2017

Comezamos!

Benvidos e benvidas! Iniciamos unha nova aventura, arrancamos os motores deste blog no que poderedes compartir connosco a ilusión por descubrir o mundo con ollos de neno. 
Abride moito os ollos, esquecede as penas e os problemas, deixade saír ao neno e á nena que levades dentro e recordade que nunca é tarde para aprender. Imos aló!