martes, 31 de octubre de 2017

A MALETA

ESTIMADAS FAMILIAS,


COMEZAMOS A VIAXE DA NOSA MALETA, UNHA MALETA QUE NOS AXUDARÁ A COÑECERNOS MELLOR.


CANDO VOS CHEGUE A MALETA A CASA DEBEDES DE AXUDAR AOS NENOS E NENAS A GARDAR NELA 2 OBXECTOS, DÚAS COUSAS QUE SEXAN ESPECIAIS PARA ELES POLO MOTIVO QUE SEXA. E PODE SER CALQUERA COUSA, O TAMAÑO NON IMPORTA. A MAÑÁ SEGUINTE, CANDO A MALETA CHEGUE AO COLE COMPARTIRÁN CON NÓS A RAZÓN POLA QUE ELIXIRON ESES OBXECTOS E OS MOTIVOS POLOS QUE SON TAN ESPECIAIS.


É MOI IMPORTANTE QUE O DÍA QUE CHEGUE BALEIRA ÁS VOSAS CASAS A ENCHADES E A ENVIEDES O DÍA SEGUINTE PARA QUE A ACTIVIDADE TEÑA CONTINUIDADE. OS OBXECTOS QUEDARÁN UN TEMPO NA AULA E SERÁN DEVOLTOS CANDO REMATEMOS A ACTIVIDADE.


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!  

lunes, 30 de octubre de 2017

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Na nosa clase somos uns aventureiros e como sabemos que O sabor da aventura está no mar o venres 20 de Outubro, da man das nosas guías Amaia e Rita e xunto cos compañeiros de 6º de Infantil e 1º de Primaria marchamos de excursión. Descubrimos a Lonxa de Canido, saboreamos unha merenda mariñeira e visitamos o Museo do Mar. ¡Unha experiencia xenial!




SAMAÍN

E como non podía ser doutra forma, aínda que con algo de antelación, celebramos a festa do Samaín no noso cole. 

Mirade que medo damos! 



E ademais, premendo no seguinte enlace poderedes ver o vídeo creado dende Normalización e Biblioteca coas fotos da celebración:

BLOGUE DE NORMALIZACIÓN E BIBLIOTECA DO CEIP JOSEFA ALONSO: Samaín 2017 1: Nesta fiestra podedes gozar dalgúns dos momentos mais aglaiantes da nosa festa de Samaín. Obradoios de cabazas, pócemas e biscoitos... 

OS BOLECHAS, QUE SUSTO!

Pola celebración do Samaín, Leonarda, a mascota da nosa biblio, recomendounos ver a curta de "Os bolechas, que susto!" e gustounos tanto que queremos compartila con todos vós.
E tede coidado que xa somos espertos asustadores coma Braulio!  


domingo, 22 de octubre de 2017

OBRADOIRO DE COCIÑA CON ARTURO

Esta semana, por mor dos incendios, moitas das actividades previstas foron aprazadas para dar paso a asembleas e traballos sobre un tema que por desgraza tocounos vivir de cheo. 
Podedes ver o traballo realizado polo alumnado do cole o luns, no blog de Normalización e Biblioteca do centro, no seguinte enlace:

http://normalizacionebiblioteca.blogspot.com.es/2017/10/vid-20171016-130849.html

O mércores intentamos volver á normalidade na medida do posible e Judit, a mamá de Breixo, animouse a realizar o Obradoiro de Educación Emocional que tiñamos planificado, no que a través dun conto falounos do Medo. 
Estabamos tan metidos no conto e en expresar as nosas emocións que non temos fotos. Sentímolo!

O xoves tocoulle a quenda a Arturo, o papá de Mia, que brindounos a oportunidade de exercer de cociñeiros e cociñeiras e nos ensinou a elaborar unhas galletas de chocolate. Pasámolo xenial dándolles forma pero temos que contarvos un segredo... chamuscáronse un pouco, xa que mentres estaban no forno contounos un conto taaan divertido que esquecímonos delas. 





ESTAMOS DE VOLTA!!

Benvidos a todos e a todas! Por fin, tras uns pequenos problemas técnicos, podemos dicir que estamos de volta. E que mellor forma de abrir o curso que cunha celebración: a do aniversario de Inés, que aínda que xa foi hai un mes merece que compartamos con vós esta foto, chea de felicidade. 
Parabéns Inés!!!