martes, 25 de abril de 2017

CELEBRAMOS O DIA DO LIBRO

Este Luns 24 de Abril celebramos no cole o día internacional do libro. Os nosos padriños e madriñas viñeron a buscarnos á aula e xuntos eliximos un recuncho especial do cole para desfrutar dunha lectura compartida... e aquí tedes un anaco do que pasou.


 

viernes, 21 de abril de 2017

OS MELLORES AGRICULTORES E AGRICULTORAS DO MUNDO!

Esta semana estivemos de novo na horta para facer a colleita das escarolas e plantar tomates en compañía dos nenos e nenas de 5º de E.I. e aprendemos moitísimas cousas como que as escarolas hai que comelas crúas, en ensalada, e podemos botarlles aceite, sal e vinagre e que para plantar os tomates hai que facer uns camiños na terra que se chaman regos e introducir as raíces neles e tapalas con coidado deixando fóra as follas. Agora tócanos seguir traballando, regándoos cada dous días e esperar a que medren para poder degustalos.
Parece que isto de ser agricultores e agricultoras dásenos de marabilla!



viernes, 7 de abril de 2017

A NOSA HORTA

Aínda que xa hai algún tempo que plantamos os amorodos coa axuda dos nenos e nenas de 2º de Primaria e da profe Ana, non podiamos deixar de compartir convosco as fotos que fixemos  
Ademais dende a semana pasada tivemos na nosa clase aos vermiños, eses seres extraordinarios que están a elaborar compós para a nosa horta. E queredes saber cales son as súas comidas favoritas? As cascas de ovo e os pelos!!! Incrible pero certo!
E como agasallo antes das vacacións de Semana Santa, dúas fotos cos nosos peixiños, porque o noso é coidar de todos os que nos rodean.